dropbox
Este plugin engadirá un atallo de teclado para anunciar o estado do Dropbox,
a versión ou abrirá o menú do Dropbox na bandexa do sistema. Tamén
funcionan as pestanas no diálogo preferencias con Ctrl+tab / Ctrl+Shift+Tab
e Ctrl+rePáx/avPáx. Para concluir, fai funcionar o botón cancelar co
escape.
- Atallo de teclado: NVDA+alt+D
- Ctrl+Alt+T anuncia a pestana activa.
Problemas coñecidos
- Se cambias entre pestanas utilizando os atallos de teclado, cando peches a ventá de preferencias, NVDA non poderá saber se aínda existe a ventá.
É un problema coñecido no NVDA e non se pode correxir.
Cambios para 4.0
- A axuda do complemento está dispoñible dende o Administrador de
complementos.
- O atallo de teclado para obter o estado de Dropbox cambiouse a Alt+NVDA+D
para evitar confrictos co soporte da atenuación do audio.
Cambios para 3.1
- Utiliza outra maneira para obter o botón cancelar e pestana. Agora non
temos que enfocalo antes de utilizar atallos de teclado.
- Cando se cambia á pestana activa, o foco móvese á pestana así cando se
preme tab, o primeiro elemento da pestana actívase en lugar de quedar na
pestana utilizada con anterioridade aínda se non se activou nunca.
- No diálogo preferencias, agora é posible premer control+retroceso ou
avance de páxina para cambiar entre pestanas. Control+tab e
control+shift+tab aínda funcionan.
- Todos os ficheiros manifest traducidos agora deberían estár correctos.
- Ccorreccións menores
Cambios para 3.0
- Corrección menor no ficheiro principal manifest (os autores amósanse
correctamente).
- Mellorada a detección do menú de contexto cando se preme Shift+NVDA+D tres
veces.
- O botón escape agora funciona (só cando se utiliza Dropbox na mesma lingua
que usa NVDA).
- Un lote de correccións no código.
- Engadida/actualizada a documentación de todos os scripts.
- Novas linguas: Árabe, Portugués do Brasil, Checo, Holandés, Finlandés,
Galego, Alemán, Húngaro, Xaponés, Nepalí, Polaco, Ruso, Español, Eslovaco,
Tamil, Turco.
Cambios para 2.0
- Novas linguas: Italiano
- Premendo o atallo de teclado tres veces ou máis cando xa se está no menú
de contexto non causa problemas nunca máis.
Cambios para 1.0
[[!tag dev stable]]