instantTranslate

Este complemento utilízase para traducir texto seleccionado e/ou do portapapeis dunha lingua a outra. Esto faise utilizando o servicio Google Translate.

Configurando linguas

Para configurar a lingua orixe, o destiño e, no seu caso, o intercambio, vai ó: Menú NVDA >> Preferenciass >> Opcións de Instant Translate.

Hai dúas caixas combinadas etiquetadas "Lingua de orixe" e "Lingua destiño", e unha caixa de verificación para decidir se debe copiar a traducción ó portapapeis.

Ademáis, se seleccioaches a opción auto (l primeira elección) dende a caixa combinada "Lingua de Orixe", tamén hai unha caixa combinada etiquetada "Lingua para intercambiar" e unha caixa de verificación acerca do auto intercambiado.

O sentido das dúas primeiras caixas combinadas e da caixa de verificación para copiar é craro, pero son necesarias algunhas palabras acerca do resto. Lembra sempre que as explicacións de máis abaixo asumen a lingua orixe axustada á opción auto.

A caixa combinada "Lingua para Intercambiar" é útil cando intercambias a través dun script (consulta máis abaixo) a lingua orixe e a destiño; de feito, unha lingua destiño axustada á opción auto non ten sentido, así o complemento axústao ó valor da caixa combinada anterior.

Así, imaxina esta situación: normalmente traduces ó inglés (a túa lingua principal), pero ás veces(por exemplo, cando escribes un documento) necesitas traducir ó italiano (a túa segunda lingua, supoñendo tal); podes axustar a caixa combinada "Lingua para intercambiar" a Italiano, así traducirás dende o inglés ó Italiano sen acceder directamente ás opcións do complemento. Obviamente esta función ten unha maior ou menor utilidade dependendo das túas necesidades máis frecuentes.

Agora, a caixa de verificación auto intercambiar: aparece se, e só se axustas a opción auto na caixa combinada "Lingua de orixe", e está conectada directamente ca caixa combinada "Lingua para intercambiar". Se a activas, entón o complemento intenta conmutar automáticamente dende a túa configuración orixe e destiño a unha configuración onde o destiño ven ser a lingua orixe, e a lingua seleccioada na caixa combinada "Lingua para Intercambiar" é a nova lingua destiño; extremadamente útil se a lingua orixe do texto que queres traducir é a lingua destiño.

Un exemplo sinxelo: ten novamente en conta a situación imaxinada previamente; se traduces un texto nunha lingua diferente do inglés, non hai problemas, obtés a traducción correcta en inglés. Pero se necesitas traducir un texto do inglés, normalmente obtés unha traducción ó inglés idéntica ó texto orixinal, e esto é un pouco inútil. Gracias á función de auto-intercambiar, sen embargo, asumindo que queres saber cómo soa o teu texto en Italiano, o complemento conmuta automáticamente a lingua destiño ó Italiano, tal que devolve unha traducción válida.

De todos os xeitos, esto é unha configuración temporal; se esta opción non ten efecto (é experimental), tenta conmutar manualmente a unha configuración estable, utilizando o xesto para intercambio descrito máis abaixo. É experimental porque nalgunhas situacións (con textos curtos, típicamente), Google non recoñece a lingua orixe real correctamente, e tes que intercambiar linguas manualmente a través de script, así forzas á lingua orixe a ser a lingua destiño anterior (inglés no noso exemplo).

Utilizando

Podes utilizar este complemento de dous xeitos:

  1. Selecciona texto usando as ordes de selección(shift con teclas de flecha, por exemplo) e preme a tecla asociada para traducir. A continuación, a traducción da cadea será lida, sempre que o sintetizador que se estea utilizando sexa compatible ca lingua de destiño.
  2. Tamén podes traducir texto dende o portapapeis.

Atallos de teclado

Todas as ordes que siguen deben premerse despois da tecla modificadora "NVDA+Shift+t":

Cambios para 3.0

Cambios para 2.1

Cambios para 2.0

Cambios para 1.0

1: http://addons.nvda-project.org/files/get.php?file=it 2: http://addons.nvda-project.org/files/get.php?file=it-dev

[[!tag dev stable]]